Peirao s/n 15.600 Pontedeume (A Coruña) / firrete@yahoo.es / 605 236 646
CLUB NÁUTICO FIRRETE
  • Club
    • Benvida
    • Historia
    • Soci@s
  • F-Aventura
  • Lecer
  • Iniciación
  • Competición
  • BaixadaEume
    • 2018
    • 2017
    • 2016
    • 2015
    • 2014
    • 2013
    • 2012
    • Histórico
  • Español
  • English
TIPOS DE SOCIOS E CUOTAS

    Para o que precises

Enviar
ELECCIONES A LA PRESIDECIA DEL CLUB - 2017
  • REGLAMENTO Y CALENDARIO ELECTORAL
  • CENSO ELECTORAL DEFINITIVO
  • ​CANDIDATURAS PRESENTADAS​​
  • NOMEAMENTO DE RAMIRO PIÑEIRO OLIVEIRA

A lenda do Eume

Imagen

















Conta a lenda que, cando Deus creou os ríos, mandou nacer xuntos na Serra do Xistral o Eume, o Landro e o Masma… e prometeulle unha baixada en piragua todos os anos ao que chegase primeiro ao mar.
Outorgoulles categorías divinas bautizándoos con resonancias gregas; Eume o da vertente atlántica, que debía fertilizar a terra das Pontes; Landro o da vertente norte, que tería que fecundar as carballeiras e facerlles producir landras; Masma o da ladeira norte, que crearía coa súa chegada ao mar as marismas.
Naceron tres fontes xuntas e empezaron xuntas o seu percorrido cara ao mar co pacto de non chegar unha antes que as outras. Estas fontes eran as orixes dos ríos Eume, Masma e Landro. As tres fontes cansaron polo camiño e acordaron parar a durmir, e que a primeira que espertase sería a que avisaría ás outras dúas. A primeira espertou e continuou o camiño sen facer ruído para que non se desen conta as demais. A segunda espertou e, vendo o sucedido, fixo o mesmo que a primeira.
Cando espertou o Eume viu que as outras fontes o enganaran e, enfurecido, marchou cara ao mar saltando por encima de todos os obstáculos que atopou no camiño. Tivo que cruzar vales e montañas e, para gañar tempo, acelerou a súa marcha pola Capela e Caaveiro… e logrou chegar primeiro. Por iso saíu bravo e agreste...

Co adestramento adecuado poderás navegar por el en piragua: APÚNTATE AO FIRRETE!



Non é doado relatar o que se sente cando se padexa nunha piragua, de expresar con palabras as emocións que emanan das augas, cando co noso esforzo somos capaces de facernos co seu permiso para deslizarnos sobre o seu manto en busca de … , quen sabe que!
 O mellor é que te pases polo Firrete para descubrilo ti mesm@.
Imagen