Orixe
O seu inicio remóntase ao 9 de setembro de 1967 cando a Federación Coruñesa de Piragüismo en colaboración coa comisión de Festas de Pontedeume baixo o patrocinio da O.S. de Educación e Descanso organizaron unha regata na que participaron un total de 19 piraguas.
A súa historia comeza grazas a un lucense que “viviu por e para o piragüismo”, falamos de D. Jacinto Regueira Alonso. Durante a época na que foi o responsable do piragüismo galego, tivo a idea de organizar unha serie de competicións ao longo e ancho da súa autonomía para fomentar o piragüismo. O tempo deulle a razón e en todos os lugares onde se organizaron regatas, tarde o cedo xurdía un club de piragüismo; en Pontedeume foi o Club Náutico Firrete.
Na súa primeira edición participaron 8 K-2, 9 K-1 e 2 C-2, pertencentes aos clubs: Fluvial de Lugo, Alcalá Galiano de Ourense, Beiramar da Coruña, Naval de Pontevedra, Ancares de Lugo e Cidade Xardín da Coruña. Neste primeiro descenso os vencedores absolutos en K-2 foron Angel Billar, “Chilares” para os amigos do piragüismo, e Manuel Pérez, cun tempo de 51’27”.

Percorrido
O seu percorrido tradicional no contorno da última fraga atlántica autóctona, que se inicia á altura da colexiata de San Xoán de Caaveiro e finaliza baixo a ponte de ferrocarril, xa na ría, e tras ter cruzado uns centos de metros antes baixo a ponte que mandara construír Fernán Pérez de Andrade, coñecida en Pontedeume pola “ponte de pedra”; desenvólvese nun gran marco natural que, xunto á proliferación de presas, rápidos e todo tipo de obstáculos que se atopan ao longo do río, converte o Descenso do Eume nunha das probas máis duras, exixentes e espectaculares do deporte do piragüismo en España. Os piragüistas deben demostrar a súa destreza en distintos tramos catalogados en nivel de dificultade de grao II e III, máximo recomendábel para competicións deste tipo. As embarcacións atendendo á súa categoría e modalidade toman a saída dende dous puntos diferentes establecidos pola organización.
O primeiro encontrase no segundo refuxio do Eume para as embarcacións K-2 e K-1 homes nas categorías senior, junior e cadete. A segunda saída é no primer refuxio e dende ela poñense en acción as Damas (K-1) e as canoas (C-1).
Os afeccionados amoréanse no rabión da saída, do Rabión de Máiz, as Tres Marías, as Ferrerías, a Presa Pequeaa, O Cabalo e o Rabión da Alameda; a partir do cal os palistas dispóñense sen tanto trafego a palear en augas tranquilas durante cinco quilómetros
É tamén singular e digno de ver a caravana de bicicletas, motos e coches que acompañan aos participantes pola estrada que discorre á marxe esquerda de río. Son continuos os ánimos, asubíos e incluso axudas en caso de volta ou roturas das piraguas.

Actualidade
O Eume está considerado polo mundo do piragüismo galego como o mellor para a competición deportiva na modalidade de descensos. Cabe destacar que o gran mito do piragüismo nacional, Luis Gregorio Ramos Misioné, medallista olímpico en varias ocasións e o que máis veces ten gañado “a Baixada” en K-1, dixese publicamente que : “O Eume é o río máis bonito para baixar e gañar de todos os percorridos por min". Os organizadores buscan os recursos económicos necesarios para afrontar en cada edición os máis de 10.000.00 € necesarios para a súa organización. Isto é posíbel grazas ao patrocinio de Endesa, ás subvencións institucionais e a que o Club destina parte dos seus recurso procedentes das cotas dos socios, venta de lotarías...
Cada ano preto de trescentos piragüistas, chegados de diferentes equipos da comunidade galega, de clubs de comunidades próximas como Asturias ou Castela León e algún representante do resto do estado español que xunto algún piragüista portugués, disputan unha regata que ano tras anos acolle a máis público.
É a festa das piraguas en Pontedeume, que tradicionalmente se celebra a primeiros de setembro, integrándose tamén no programa das Festas Patronais, “As Peras”.
Como todos os anos, o acto de entrega de trofeos desenvólvese ás 20:00 e está considerado como un dos máis importantes de toda canta competición de piragüismo se celebra en Galicia. A praza Real de Pontedeume, lugar de celebración, énchese de numerosos afeccionados a este deporte con gran tradición local que, sumándose aos visitantes, acompañantes dos deportistas e clubs participantes, ovacionan aos gañadores.