Comenzos
A primeira vez na historia na que se fala de piragüismo en Pontedeume é, como xa se terá comentado en máis ocasións, no ano 1967 no que se celebra a 1ª edición da Baixada d Eume en piragua. Sen entrarmos en máis detalles desta regata, á que se lle dedica un apartado en especial, si debemos comezar dicindo que a orixe do noso club está fortemente vencellado a ela.
En 1968, con motivo da celebración da segunda edición, unha embarcación K-2, que lle rompe a un dos equipos participantes, é abandonada nos baixos da Casa do Concello de Pontedeume e uns intrépidos rapaces eumeses (non podía ser menos para aquelas épocas en que a revolución cultural sacudía toda Europa) conseguen que o alcalde da vila, Juan Sarmiento Patiño, lles ceda a K-2.
Na primaveira de 1969 e tras a conseguinte reparación na Fronte de Xuventudes (local situado na Alameda e coñecido en Pontedeume durante moitos anos como o “Teleclub”, hoxe e a actual Casa da Xuventude pertencente a Xunta) por parte de varios mozos eumeses,comézase a dar as primeiras paladas nela,e xorde un club que leva como nome BREAMO OJE.
O nome de “Bréamo Oje” manterase, segundo os datos tirados das memorias de Federación Española de Piragüismo, ata o ano 1972.
O piragüismo deslígase da OJE e en 1973 fúndase o CLUB FIRRETE con domicilio na rúa Porto, 3 desta vila; e o seu primeiro presidente é o mesmo que tiña o “Bréamo Oje”, que non é outro que Jesús Fornos Ríos, quen coa axuda dos irmáns Julio e Víctor Garabana, Antonio Piñeiro “Pichurri”, José Vázquez Rodríguez, Pablo Isasi Gómez e Juan Manuel Lorenzo “Barón”, como directivos, impulsan o club, coa súa gran actividade, cara aos lugares máis importantes da provincia.
O nome de “Firrete” fai referencia á andoriña de mar, de pescozo negro, existente de norte a sur, con grandes aptitudes para a pesca, coñecida de entre outros nomes como Charrán, Pirrín, e que só na ría de Ares recibe o nome de Firrete.
A progresión e afianzamento do piragüismo eumés é tal nestes anos que no mesmo 1973 os piragüistas Gómez e Couce formaron parte da Selección Galega de Pista desde ano na K-4 Júnior do Campionato de España por Federacións.
O nome de Firrete nunca máis se alterará e os cambios máis destacados que tivo o club desde ese ano ata a actualidade teñen sido as renovacións constantes nas “sedes” do club, e as lóxicas das súas directivas e presidentes.

Presidentes
En canto aos diferentes presidentes que o club tivo, e atendendo a unha orde cronolóxica, podemos citar que, tras Jesús Fornos, veu Julio Gómez Garabana que foi outro dos fundadores do club e o primeiro presidente “electo” polos piragüistas a finais dos setenta permanecendo no cargo ata principios dos oitenta. Tras Julio, é nomeado presidente Carlos López Lamas, quen un ano máis tarde lle cede outra vez o posto a Julio.
En 1985 o Firrete constituiríase como entidade deportiva ante o notario D. Ramón Rego Lodos. Tería o número 618 no rexistro de clubs da Xunta e CIF G-150808331. Posteriormente a Federación Galega de Piragüismo daralle o número 25 dos clubs deste deporte en Galicia. Na copia da Acta fundacional figura como presidente José Miguel Fernández Naveiro.
Manuel Fonte Cortizo, de tránsito e con pouca duración, consta como o presidente do club na nova etapa na que as leis obrigaron a legalizar (Estatuto de Autonomía de Galicia e transferencia de competencias en materia deportiva) a todas as entidades deportivas e rexistralas na Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, neste momento o club FIRRETE DE PONTEDEUME.
Tras Manel, no ano 86, chegou como presidente Jorge Salgado Cortizas, único presidente do club non nativo de Pontedeume e que é da veciño Cabanas.
A finais do ano 87 prodúcese un novo cambio e Eduardo Veiga Piñeiro viría presidir un club que foi coñecido no mundo do deporte da piragua como AUTOPISTAS-FIRRETE, gracias a sponsorización de AUDASA (Autopistas del Atlántico), o club dispuxo dos recursos económicos necesarios para millorar notablemente as condicións de preparación e desprazamentos ás regatas do Equipo de Competición.
En febreiro do 2001, Ramiro Piñeiro Oliveira, colaborador de Eduardo na anterior directiva, toma o relevo e asume o cargo de presidente, sendo o actual rexedor do club.As novas miras apostan por abrir o piragüismo a todalas persoas “Piragüismo para todos”. E se poñen en marcha o Equipo de lecer e o programa Firrete-Aventura, destinado ó turismo e apostando ó mesmo tempo pola "Autofinanciación".
Non queremos rematar este apartado sen antes testemuñar o papel vital que para a boa marcha do piragüismo eumés fixeron outros compoñentes das xuntas directivas. Por temor a olvidarnos dalgún preferimos non recoller aquí os seus nomes..

Adestradores
A figura do adestrador no Firrete ata mediados dos oitenta tivo fundamentalmente presencia en Julio Gómez Garabana quen tentou aplicar a súa inmensa ciencia na preparación piragüista. Tamén recollemos nestas liñas as directrices marcadas en distintas sesións de adestramento por Jesús Losada, Daniel Brage e Ramiro Piñeiro que aínda figurando como palistas, marcaron en máis dunha ocasión o adestramanto cara ó grupo.
E en 1986, Daniel Brage Casteleiros faise cargo do club neste mester e desenvolve un plan de promoción que dá como froito un aumento significativo no número de palistas.
Dous anos máis tarde en 1988 e por mor da marcha de Daniel a Pontevedra para dirixir o equipo de piragüismo do Centro de Tecnificación Deportiva da Xunta; Ramiro Piñeiro Oliveira, estudiante de INEF por aquel entón e cun club en clara expansión dirixe un equipo técnico que acadaría os maiores éxitos deportivos ata o momento. Ao seu carón Alberto Torres Leira nun primeiro momento, e máis tarde na década dos noventa con Antonio Filgueiras Gracia, José R.Beceiro López, Pablo Tenreiro Varela, Sandra Villar Carrera e David García Allegue que co seu esforzo e adicación lograron levar o Firrete ao máis alto do piragüismo nacional.
No ano 2003 Ramiro Piñeiro Oliveira deixa a coordinación dos adestradores e Oscar Calvo Tenreiro toma o relevo. O club aposta pola profesionalización dos técnicos, e Oscar convértese no primeiro adestrador na historia do club cun contrato profesional. Conta entre outras persoas para o seu equipo técnico con Enrique Salvadores López e Rebeca Vázquez Miño.

Piragüistas
Os piragüistas, verdadeiros protagonistas do club, teñen demostrado durante todos estes anos que en Pontedeume se soubo e se sabe palear; ben sexa co afán de utilizar este gran deporte en contacto coa natureza como medio de ocio ou con finalidade de rendemento deportivo.
Varios piragüistas eumeses foron campións de España individuais e de embarcacións de equipo, tamén estes e moitos outros teñen formado parte da Selección Galega e contribuído ás victorias da mesma no Campionato de España por Autonomías.
De entre todos eles destacaremos a Jesús Villar Carrera (Alemán) e a David Curbeira Miño (Curri) que teñen formado parte da Selección Española Júnior, en anos distintos, claro está, participando no Campionato do Mundo, o primeiro en Racice (República Checa)-1993 e o segundo en Curitiva (Brasil, 2001).
Ademais David Curbeira proclamouse Campión de Europa Junior na cidade de Zagreb no verán de 2002.
Outros deportistas internacionais: Pablo Tenreiro Varela (1987), Yeray Picallo Vila e André Oliveira Vázquez (finalistas en C-2 1.000 mts. no Campionato de Europa Absoluto-2010), Manuel Antonio Campos García (Subcampión do Mundo de Maratón 2011), Brais Casás Fernández: (6º clasificado en c-2 1.000mts. na final-b no campinato do mundo junior), Pablo García Sanjuan (6º clasificado en C-1 no campionato europeo de maratón).
Fitos…
En canto ao historial deportivo do club destacar os dous campionatos de España por Clubs na modalidade de Pista para Júniors e Cadetes, anos 1993 e 1995; o terceiro posto no mesmo campionato, ano 1994; e a Copa España cadete, 1994. Varios campionatos galegos e o Subcampionato de España de Inverno en 1995.
CONTINÚA...