Peirao s/n 15.600 Pontedeume (A Coruña) / [email protected] / 605 236 646
CLUB NÁUTICO FIRRETE
  • Club
    • Benvida
    • Historia
    • Soci@s
  • F-Aventura
  • Lecer
  • Iniciación
  • Competición
  • BaixadaEume
    • 2023
    • 2022
    • 2021
    • 2019
    • 2018
    • 2017
    • 2016
    • 2015
    • 2014
    • 2013
    • 2012
    • Histórico
  • Español
  • English
Imagen
O noso programa Firrete-aventura pretende popularizar e fomentar a prctica do piragüismo facéndoo accesible á maior parte da poboación da comarca e a aquelas persoas que visiten a vila eumesa.
O programa que conta cunha participación anual superior a 2.000 persoas ofrece as súas actividades a centros educativos, asociacións de toda índole (xuvenis, culturais, persoas con discapacidade…), concellos, turistas e propostas para os establecementos hoteleiros-casas rurais-cámping.


Rutas en piragua
Sendeirismo
Orientación
Buceo


                                  Tarifas a partir de 5,00 €

​90 alumnos e 5 profesores do IES de Melide participan nun programa de educación ambiental. O departamentos de educación física organizou, en colaboración co Club Náutico Firrete, para o alumnado de 1º e 2º de ESO un itinerario ambiental polas fragas do eume a pé (sendeirismo) e outro navegando en kaiak polas augas da ría de ares. 

Esta actividade tiña como obxectivo fomentar e espertar no alumnado o interese pola práctica físico-recreativa na natureza, coñecendo novas formas de ocupar o tempo de lecer.  Á súa vez pretendeu ser un programa de educación ambiental onde o bosque atlántico caducifolio, o ecosistema fluvial e ecosistemas do litoral mariño foron os protagonistas, sen esquecer importantes aspectos socioculturais da zona.
Neste enlace pódense ver unhas imaxes do itinerario en kaiak.
HTTP://WWW.EDU.XUNTA.ES/CENTROS/IESMELIDE/NODE/523

Non é doado relatar o que se sente cando se padexa nunha piragua, de expresar con palabras as emocións que emanan das augas, cando co noso esforzo somos capaces de facernos co seu permiso para deslizarnos sobre o seu manto en busca de … , quen sabe que!
 O mellor é que te pases polo Firrete para descubrilo ti mesm@.
Imagen