Peirao s/n 15.600 Pontedeume (A Coruña) / [email protected] / 605 236 646
CLUB NÁUTICO FIRRETE
  • Club
    • Benvida
    • Historia
    • Soci@s
  • F-Aventura
  • Lecer
  • Iniciación
  • Competición
  • BaixadaEume
    • 2023
    • 2022
    • 2021
    • 2019
    • 2018
    • 2017
    • 2016
    • 2015
    • 2014
    • 2013
    • 2012
    • Histórico
  • Español
  • English
Foto
Foto
Foto
Foto
Foto

56 BAIXADA DO EUME (RESULTADOS)
O CLUB NÁUTICO FIRRETE VENCE NA CLASIFICACIÓN POR CLUBS.

   Un ano máis, a Xunta Directiva do Club Náutico Firrete organizou o evento deportivo con máis tradición na Vila dos Andrade (Pontedeume), a Baixada do Eume en Piragua.
   A Baixada do Eume, que suma 56 edicións, é a competición de maior antigüidade do deporte da piragua na provincia da Coruña, e a terceira, tras a Copa Miño de Lugo e a Travesía Ría de Foz, de todo o territorio galego, que é o mesmo que dicir unha das máis antigas de España; foi ao igual cos últimos anos puntuable para a LIGA XUNTA DE GALICIA (Copa de Ríos e Travesías – grupo 1). 
   Na Tarde do sábado 15 de agoso celebrouse a 55 edición da “BAIXADA DO EUME EN PIRAGUA” na que finalmente 207 piragüistas pertencentes a 30 Clubs tomaron a saída. 
   Pola contorna do bosque atlántico costeiro mellor conservado en Europa. Nas proximidades do mosteiro de Caaveiro, dende o segundo refuxio do Eume para os homes e mulleres sénior e veteranos (K-1 e K-2) e desde o primeiro para as canoas, cadetes e júniors, os xuíces enviados pola Federación Galega de Piragüismo, entidade que, ademais de autorizar a competición colabora anualmente co Club Náutico Firrete na organización, deron a saída aos deportistas seguindo o regulamento ás embarcacións participantes segundo modalidade e categoría.
   Os competidores que lograron chegar á meta, situada no paseo marítimo, preto da Ponte de Pedra, e tras percorrer uns 12 quilómetros os que partiron no 2º refuxio, 7 km os do 1º refuxio e 5 km os da Xunqueira de Arriba, foron fortemente ovacionados polo numeroso público asistente, que ao igual que en practicamente todo o percorrido apoiou aos piragüistas que daban colorido ao Parque Natural das Fragas do Eume.
   Nun emotivo acto de entrega de trofeos, que se iniciou ás 20:00 na Alameda de Raxoi, o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, entregou unhas placas en homenaxe polos grandes resultados cultivados no Campionato do Mundo e Europeo por parte dos deportistas júnior do Firrete (Martín López, Iker Veiga, Antón Cao e Óscar Allegue). 
VENCEDORES POR CATEGORÍAS E MODALIDADES
Foto
INFORMACIÓN A CLUBS PARTICIPANTES NA "56 BAIXADA DO EUME EN PIRAGUA"
PLANO DE ZONAS (APARCADOIRO, META E ENTREGA DE TROFEOS), ADESTRAMENTOS NO RÍO, HORARIOS DE SAÍDAS ...​
Foto

Non é doado relatar o que se sente cando se padexa nunha piragua, de expresar con palabras as emocións que emanan das augas, cando co noso esforzo somos capaces de facernos co seu permiso para deslizarnos sobre o seu manto en busca de … , quen sabe que!
 O mellor é que te pases polo Firrete para descubrilo ti mesm@.
Imagen