Peirao s/n 15.600 Pontedeume (A Coruña) / [email protected] / 605 236 646
CLUB NÁUTICO FIRRETE
  • Club
    • Benvida
    • Historia
    • Soci@s
  • F-Aventura
  • Lecer
  • Iniciación
  • Competición
  • BaixadaEume
    • 2024
    • 2023
    • 2022
    • 2021
    • 2019
    • 2018
    • 2017
    • 2016
    • 2015
    • 2014
    • 2013
    • 2012
    • Histórico
  • Español
  • English
Foto
Foto
O Club Náutico Firrete proclamouse vencedor na clasificación por equipos tras unha emocionante xornada de regatas, impoñéndose cun total de 2.001 puntos. O evento, que contou coa participación de 213 deportistas, foi seguido con entusiasmo por un numeroso público que ovacionou aos competidores durante todo o percorrido.
Completaron o podio por clubs:
  • Segundo posto: Club Kayak Tudense, con 768 puntos
  • Terceiro posto: Club Piragüismo Cidade de Lugo, con 710 puntos
En canto ás clasificacións individuais na categoría sénior, estes foron os gañadores en cada modalidade:
  • K-2 Home Sénior: Santiago Cruz e Antón Rey (Club Náutico Firrete)
  • K-2 Mixto Sénior: Juan Suárez e Mª Evangelina Vázquez (Club Piragüismo Illa de Arousa)
  • K-1 Home Sénior: Jesús Rodríguez (Club Fluvial O Barco)
  • K-1 Muller Sénior: Lara Feijoo (Kayak Tudense)
  • C-1 Home Sénior: Roque Araujo (Club Náutico Pontecesures)
  • C-1 Muller Sénior: Aroa Romay (Club Ría de Betanzos)
A regata foi un auténtico espectáculo deportivo, que destacou non só polo alto nivel competitivo, senón tamén polo ambiente festivo e o apoio do público.

INFORMACIÓN A CLUBS PARTICIPANTES NA "58 BAIXADA DO EUME EN PIRAGUA"
PLANO DE ZONAS (APARCADOIRO, META E ENTREGA DE TROFEOS), ADESTRAMENTOS NO RÍO, HORARIOS DE SAÍDAS ...​ ​

Foto

Non é doado relatar o que se sente cando se padexa nunha piragua, de expresar con palabras as emocións que emanan das augas, cando co noso esforzo somos capaces de facernos co seu permiso para deslizarnos sobre o seu manto en busca de … , quen sabe que!
 O mellor é que te pases polo Firrete para descubrilo ti mesm@.
Imagen