Benvido e benvida á páxina web do Club Náutico Firrete
Como presidente do Club Náutico Firrete diríxome a vostede para informarlle, de maneira moi breve, da nosa labor.
O noso fin e o de fomentar a actividade física e deportiva en xeral e do piragüismo en particular, para o que elaboramos anualmente un programa de actividades que atende:
a) Á promoción do piragüismo.
b) Á docencia e tecnificación deportiva.
c) Á práctica deportiva competitiva.
d) Ao piragüismo como actividade lúdico-recreativa.
Con preto de corenta anos de historia, con sede en Pontedeume, un pobo con arredor 9.000 habitantes, ten acadado varias veces o título de Campión de España e sorprender a toda a comarca e ao piragüismo nacional, logrando que un dos seus deportistas se alzase co título de CAMPIÓN DE EUROPA JÚNIOR. Na actualidade contamos con varios deportistas internacionais.
Dicirlle que, máis de 100 deportistas (máis da metade nenos e nenas de idade comprendida entre os 7 e 14 anos) con licenza federativa adestran connosco de xeito regular no equipo de competición e máis de 2.000 persoas navegan polo menos unha vez en piragua cada ano nas distintas actividades que ofrecemos dentro do plan de Docencia e Promoción, Equipo de lecer, Piragüismo Adaptado para persoas con discapacidade e no programa Firrete-Aventura.
Tamén somos a entidade organizadora da “BAIXADA DO EUME EN PIRAGUA”, unha das regatas de maior prestixio en España na modalidade de Descensos de Ríos Deportivos, sendo a terceira competición con máis antigüidade do calendario autonómico. No 2013 celebrarase a 47 edición, puntuable para a Copa Xunta de Galicia: na que máis de douscentos deportistas, moitos deles de renome internacional, pertencentes a trinta entidades deportivas tomarán parte.
Atentamente,
Ramiro Piñeiro Oliveira
(Presidente)