Peirao s/n 15.600 Pontedeume (A Coruña) / firrete@yahoo.es / 605 236 646
CLUB NÁUTICO FIRRETE
  • Club
    • Benvida
    • Historia
    • Soci@s
  • F-Aventura
  • Lecer
  • Iniciación
  • Competición
  • BaixadaEume
    • 2021
    • 2019
    • 2018
    • 2017
    • 2016
    • 2015
    • 2014
    • 2013
    • 2012
    • Histórico
  • Español
  • English
O CLUB NÁUTICO FIRRETE GAÑA A 48 BAIXADA DO EUME

Desde o 2º Refuxio do Eume para os K-2 e K-1 home senior, junior e veteranos, e desde o 1º Refuxio do Eume para os cadetes, canoas e mulleres, os piragüistas, que percorreron 12 e 8 quilómetros respectivamente ata a meta situada nas proximidades da Ponte de Pedra se sentiron arroupados en todo momento polo numeroso público que acudiu a presenciar a regata.
Os deportistas foron fortemente ovacionados nun multitudinario acto de entrega de trofeos que se iniciaba ás 19:30 na Praza Real de Pontedeume.
O CLUB NÁUTICO FIRRETE foi o vencedor absoluto por equipos cun total de 908 puntos. Acompañáronlle no pódium: Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra que con 564  puntos foi o segundo clasificado, e o Fluvial de Lugo que conseguiu a 3ª posición con 444 puntos.
En relación ás clasificacións individuais, a primeira embarcación K-2 SENIOR en cruzar a liña de meta foi a tripulada por Marcos Illanes e Alberto Pigueiras do Piragüismo Viveiro que se impuxeron ao sprint á K-2 do Club Náutico Firrete tripulada por Santiago Cruz e Antonio Rei; en terceira posición e xa un pouco máis distanciada entraba a k-2 de Miguel Fernández e Francisco Vázquez dos Gorilas de Candás.
No resto das categorías e modalidades os vencedores foron:
K-1 SÉNIOR                Jesús Rodríguez do Fluvial O Barco, Miguel Anxo do Fluvial O Barco e Santiago Martínez do cidade de Pontevedra.
K-1 JÚNIOR               Sergio Ruiz do Fluvial O Barco, Cristian Torres do cidade de Pontevedra e Jacobo García do Cidade de Pontevedra.
K-1 CADETE               Alberto Rodríguez do Fluvial de Lugo, Adrían Seco do Firrete e Carlos Balsa do Ribeiras do Tambre.
K-1 VETERANO         Carlos Piñeiro do Fluvial de Allariz
K-2 VETERANO         Ernesto Gancedo e José Menéndez do Grupo Xuvenil, Enrique Salvadores e Basilio pena do Firrete,  Juan Suarez e                                        Juventino Pérez do Piragüismo Cambados.
C-1 SÉNIOR               Jesús Montoto do Cidade de Pontevedra, Borja Gargallo do Firrete e Angel lópez do Cidade de Pontevedra
C-1 JÚNIOR               David González do Cidade de Pontevedra, Alexandre Fernández do cidade de Pontevedra e Andrés freire do Firrete. 
C-1 CADETE                        David García do Club Náutico Firrete, Nestor Iglesias do Firrete e Federico de la Peña do Cidade de Pontevedra.
C-1 VETERANO                   Carlos Piñeiro do Fluvial Allariz.
K-1 MULLER SÉNIOR          Tania Fernández do Fluvial de Lugo, Laura Pérez do náutico de Miño e Enma Gómez do Canal Getafe Madrid.
K-1 MULLER JÚNIOR          Irene Mirás do Ribeiras do Tambre, teresa Pomar do Fluvial O Barco e Andrea Piñeiro do Firrete.
K-1 MULLER CADETE         Carolina Montero  do Náutico de Miño, Sofía Rodríguez do Firrete e Elisa Zapata Agrupación Deportiva Zamora.
K-1 MULLER VETERANA     Mónica Piñeiro do Fluvial Avión, kissi Tores do Fluvial O Barco e Eva pesauqira do Marítimo de Tambo.
C-1 MULLER SÉNIOR           Jennifer Casal do Cidade de Pontevedra, María fonte do Firrete.
C-1 MULLER CADETE          Andrea Magariños, Isabel Noya  e Andrea Magariños do Cidade de Pontevedra.
Imagen
Imagen
Imagen

REPORTAXE SOBRE OS PIRAGÜISTAS DO EUME NO COMARCAL da Voz de Galicia.

Información a clubs
Adestramentos previos e outros datos de interés

Imagen

Picture
2ª BAIXADA POPULAR DO EUME
Despois do éxito da edición anterior na que participaron medio centenar de persoas, e coincidindo coa "47 Baixada do Eume", o C.N Firrete organiza o “2º Baixada Popular do Eume” coa lema "Salpícate coa Baixada”. Esta proba está aberta a calquera persoa maior de 9 anos, non é necesario ter coñecementos previos de piragüismo xa que se utilizanse kaiaks dobres, insumergibles e autovaciables. Os participantes irán acompañados dun monitor que lles irá dando indicacións do descenso e asegurarase de non entorpecer a proba de carácter oficial.
A saída será ás 16:30 desde a Xunqueira de arriba, en fronte ao Centro de Interpretación das Fragas do Eume e a chegada será no peirao de Pontedeume, na 2ª rampla (en fronte ao hangar do C.N Firrete).
O Firrete fornecera a cada participante unha pa, un chaleco e unha praza en piragua.
É necesario unha inscrición previa, que deberá facerse nas instalacións do Pavillón Municipal de " A Casqueira" en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres. Para formalizar a inscrición será necesario efectuar o pago de 12 euros por participante, as prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Para máis información poden chamar ao 605 236646 (Óscar) ou ao 616 628990 (Enrique).


Non é doado relatar o que se sente cando se padexa nunha piragua, de expresar con palabras as emocións que emanan das augas, cando co noso esforzo somos capaces de facernos co seu permiso para deslizarnos sobre o seu manto en busca de … , quen sabe que!
 O mellor é que te pases polo Firrete para descubrilo ti mesm@.
Imagen